Ir al contenido principal

Curso de verán MGU 8 -13 Xullo Presencial Introducción ao Panafricanismo De Marcus Garvey a Ibrahim Traoré

 

Curso de verán
 
Malcolm Garvey University                      8-13 Xullo Presencial 

Introducción ao Panafricanismo 

  



De Marcus Garvey a Ibrahim Traoré. 

Introdución .

O curso pretende, a través dunha análise historiográfica e fundamentos doctrinais, acometer unha aproximación básica, non só da filosofía, senon dos paradigmas da corrente panafricanista e de evolución, dos seus actores, referentes e obras máis importantes (como o Black Power, cimarronaxe e Conciencia Negra, Afrocentricidade, Womanist, etc). E outros aspectos fundamentais da tradición garveyista. O seminario intensivo busca sacar á luz uns marcos epistémicos fundamentais que seguen a representar o punto de soporte das loitas e reivindicacións ideolóxicas de carácter anticolonial que teñen conformado o Movemento de Liberacion Negra. Afondaremos na experiencia histórica e conceptual, na construción dunha contra narrativa filosófica, tanto en África, como na diáspora: comunidades afrodescendentes de América Latina, Europa e o Caribe. É unha pedagoxía que, pola súa actual vixencia, tórnase imprescindible para entender o mundo afro e as súas loitas reivindicativas globais hoxe.

Movimiento Panafricánista Galicia


Lugar:  MANCHEA,  Avenida Navarra, 43 A Coruña                                                        

Data: Do 8-13 de Xullo 2025                                                                                                          

HorariosDe 17:30 a 20:30 h.                                                                                                            

Inscrición: 99€  

Formulario DE INSCRICION       https://forms.gle/9hjcuXjadYkAXNqR9                       

Horas lectivas: 18 

Asistencia: Presencial 



DIRIXIDO A

O curso está dirixido a antropólog@s, activistas de movementos sociais, investigador@s, ONGs, escritor@s, historiadoras,  xornalistas e profesionais na área do sindicalismo, a comunicación, os refuxiados e as migracións. Tamen como funcionari@s da administración, feministas, historiadoras, artistas. educadoras sociais, docentes de bacharellato, universidade e formación profesional que estean interesadas en reflexionar e comprender o panafricanismo.

SESIÓNS

O curso consta de cinco sesións que se corresponden con diferentes bloques temáticos. Para recibir o certificado, ao final do seminario, o alumnado deberá realizar un traballo vinculado a algúns dos bloques temáticos de, polo menos 20 folios A4.


PROGRAMA - PROGRAME - PROGRAMACIÓN -PROGAMME 

Martes 8 2025 Sesión 1

Orixes do Panafricanismo, Esclavitude e Conferencia de Berlin, Cimarronaxe, revolución de Haití, Pananegrismo, teoloxia afrocentrada, etiopianismo, movemento Back to Africa, Liberia e Sierra leona.

Mercores  2025 Sesión 2

Henry Silvester Williams, T Booker T. Washington, William Du Bois, Marcus Garvey, UNIA-ACL, Claude McKay, Paul Cuffe,  Edward Wilmot Blyden. Negritude,  Sindicalismo:

Xoves 10 2025 Sesión 3

Womanist, Mulleres no panafricanismo, Amy Jacques Garvey, Amy Ashwood, Winnie Mandikezela, Fumilayo Kuti,  Dandara, Nani, Miriam Makeba, Affiong L. Affiong , Aminata Umoja, Sther Stanford.



Venres-  11 2025  Sesión  4

  Panafricanismo en Iberoamérica e hispanidadeNegrismo. PAN Partido Autóctono Negro Uruguay, Partido Independente de Cor Cuba , Fronte Negro Brasileiro, MONALIGE Guinea, IV Internacional Garveyista España, Mbolo Etofili, Abidias Dos Nacimento, Peña Gomez e Congresos da Cultura Negra das Américas.




 Sábado 12 2025- Saturday  Sesión 5

Descolonización de África, Rastafari, Conferencia de Manchester, Grupo de Casa Blanca, George Padmore, Nkrumah, Personalidade Africana, Teoloxía da liberación negra, James Cohne, Cabral, Malcolm X, Sekou Toure, Resistencia ao Apartheid (Biko, Mandela)  Movemento de Conciencia Negra. Música: Bob Marley, Miriam Makeba, Yuri Buenaventura  y Fela Kuti.

Domingo 13- 2025  Sunday Sesión 6

Conferencia de Durban: Reparación, IV Internacional, MGU, GAC Glenn Watson - Movemento Federalista Panafricanista- Felipe Nogeira, Ondo Ondo Angono,  Bouna Liga Panafricanista Umoja - Ibrahim Traoré e as Revolucions do Sahel hoxe. Cume de solidaridade con AES Barcelona 2023, Madrid 2024




BIBLOGRAFIA

Malcolm x :

Fanon :

Coordinación:

Píluka Martínez : Xornalista, editora, activista  polo cambio social membro do Movemento Panafricanista Galicia.

Tono  Galán y Laura Sánchez : Editores, activistas  polos DDHH e simpatizantes do Movemento Panafricanista Galicia.

                                      Idoia de Luxan: Coordinadora  do Movemento Panafricanista Galicia 

                                     Laura Ayingo Mangue: Rede Panafricanista de mulleres.




PROFESOR
Abuy Nfubea

Xornalista, analista político, escritor, editor e conferenciante panafricanista nacido en Guinea Ecuatorial. Un dos expertos do Black Power en América Latina e a hispanidade. Das tantas labores na súa carreira de activismo e docencia, destacan a fundación da Redes de Medios Panafricanistas (con presenza en varios países) O a fundación do Partido Panteras Negras de España. Ademais; é o inspirador e orientador  da corrente mundial IV Internacional Panafricanista Garveyista Cimarrón Rastafari Womanist, presente en 23 países. Tamben é investigador e profesor da Universidade Carlos III de Madrid, e da Tempel University Filadelfia, onde ensina no posgrado Povos Afrodescendentes e estructura do pensamento negro. Fundador da universidade Malcolm-Garvey, que forma cadros Afros de base no mundo latino. É Doutor Honoris Causa polas Universidad Indígena Tawantinsuyo na Paz, (Bolivia), e pol a Malcolm X College. Tamben é premio Martin Luther King aos DDHH.  Foi un dos impulsores na ONU  pola reparación dos negros por séculos de escravitude, desde  Green Ecological Group Life Foudation . Escribe regularmente na revistas:  Reparation Africano, El Salto diario, El Pais, Nos, Resumen Latinamericano aparece en películas,  documentais, como "Gurumbé ", e letras de artistas de hip-hop e Reggae como Pablo Hassel, Mista O, Yast Solo,  Afrovietcom,  Russo, etc. É autor de máis de mil artigos e numerosos libros ao respecto, entre os que destacan: “Malcolm X y la generación Hip-Hop 2012” , "Biografía de Weja Chicampo", " Malcolm x:  conversaciones afrocentricas desde la hispanidad “, Afrofeminismo: 50 años de activismo y luchas de mujeres negras en España 1968-2018” , con prólogo da xornalista Cristina Fallarás e a vice presidenta do Governo de España, María Teresa Fernández de la Vega. 
Segundo Angela Davis, é o maior teórico da conciencia negra en a hispanidade, desde Marcus Garvey.




Comentarios