A Abuy Nfubea. É imposible resumir mesmo no espazo deste extenso artigo/ensaio a xenerosa contribución de Abuy Nfubea á difusión dos marcos filosóficos e epistémicos que caracterizan ao Panafricanismo como movemento histórica, política e culturalmente vinculado á emancipación da xente negra. Cando digo xente negra non me refiro só ao que agora chaman suxeitos racializados nativamente africanos, senon tamén á xente negra que sufriu e sufre as consecuencias cotiás da apisonadora colonial, racista e etnocida dos estados-nación Europeos durante o seu despregue histórico. O seminario celebrado en Ourense do 25 ao 29 de Novembro, na tenda de Comercio Xusto: Introducción ao Panafricanismo; de Marcus Garvey a Winnie Mandela, forneceu claves para entender os principios fundacionais do movemento. A diversidade étnica e relixiosa, para o Panafricanismo, é un valor complementario á esixencia de xustiza e reparación polos múltiples agravios históricos cometidos pola apisonadora colonial de occ...